


porque non escollemos a raíña do baile pero sí imos as festas de aldea no verán e diso nos fala este filme...da verdade, das nosas historias, da nosa forma de vivir, da nosa forma de relacionarnos, das nosas cancións, das nosas lareiras....
...porque Pradolongo é un espello...e si queremos que este espello reflexe a nosa imaxe no mundo enteiro...somos os primeiros en ter que apoiar esta longametraxe.

6 comentarios:
Teño ganas de ir ver o filme...Parece que agora si se quere mirar para o producto noso despois de anos nos que case non se falaba de nada feito eiqui...
Noraboa polo filme,a todos.
Ola. Navegando ao soaugo pola rede,turrando do fío de Pradolongo, cheguei a este blog. Non se é Tamara Canosa quen o escribe, pero de ser, gustaríame facerche chegar a miña máis sindera admiración. Veño seguindo as túas interpretacións na TVG dende hai tempo e sempre me encantaron as túas interpretacións. En Pradolongo estás, realmente, fantástica: os ollos, a boca, a voz -tan clariña-...
Situámonos na proximidade ideolóxica, non ante un espello -madia leva-, e admírote máis, se se pode, polo teu compromiso político, que, insisto, non é o meu.
Sen máis, unha aperta.
P.S. A túa voz soa fermosa en galego; con certeza, os teus poemas tamén o farían. Algún en galego?
Querido anónimo...anónimo non é o espíritu deste blog pero como o seu nome indica sí é un escondite...e os escondites, escondites son.
Gustaríame poder turrar tamén a min dalgún fío que me cure un pouco esta curiosidade.
Poemas en galego...hainos..pero se cadra tal vez sexan os únicos autobiográficos...e se cadra convertirían o escondite nun escaparate...
Onte fun a ver a película o Cinebox de Ourense, por desgraza o único cine que queda na cidade, trala desaparición dos históricos e dos cinemas máis modestos. Aínda así albisco esperanza de que poidan manterse moito tempo grazas a películas coma esta.
Tralo paso polo cine, tres reaccións ben diferentes. A admiración da miña mae, a indignación decepcionada do meu pae, e a aceptación pola miña parte.
Grazas por todo, grazas por ser a xeración que continua o que moitas actrices e actores comezaron, pero que ten que seguir adiante.
Paradoxalmente o anonimato vela ou deita luz sobre calquera imaxe que un se poida crear. Supoño que depende dos escasos datos que se poidan ter: voz, ideas, traballos públicos...Neste caso tu es a coñecida e nós xogamos -isto é xogar?- con vantaxe. Son o anónimo que che pedía poemas en galego e, por aproximarme a ti -tamén nese feminismo que comparto-, chamareime Arianrod.
A literatura sempre é autobiográfica, Galeguiña. Sucintamente, por favor; porque escribes?
Aperta
Arianrod
Apoiado está dende logo.
Recordo a esa rapaza pequerrecha que dende o instituto sorprendía a todos cantos a vían naquel pequeno escenario que ela enchía coas obras que interpretaba, esa rapaza humilde á que xamáis a cambiaron as películas, nin a series, nin nada o que se puso de fronte.
Moitas gracias rapaza por tódolos momentos que me fas recordar daquela época tan boa da miña vida e por esos paseos en zapatillas ata a Praza de Ourense.
Moitas gracias rapaza.
Publicar un comentario