domingo, 6 de abril de 2008




Se ma acabaron las palabras,
se me escaparon entre las noches frías,
se esfumaron
se perdieron
y ahora buscan un cuerpo encendido.
Uno que les muerda el cuello.
Sólo me hablan del calor, de labios entreabiertos,
de besos alquilados
de manos inquietas y entregas a domicilio.
Ahora sólo buscan pequeñas dosis de amor fingido,
ahora aullan por encontrarse entre una voz desconocida
entre un cuerpo libre,
entre unos brazos abiertos y extraños.

12 comentarios:

Arianrod dijo...

Apocalíptico. Tráxico: A perda da linguaxe asociada á procura do amor -un amor anónimo, sexual, sen compromiso. Lingua para falar perdida, gañada para amar. Falar coma as/os pequenas, con bicos, ou non falar. Vivir dentro da lingua. Vivir dentro da lingua da/o amada, ser a súa palabra. Non, isto último non. Amar a lingua da/o outra. Bicar é falar.
É a miña interpretación.
Aperta.
Arianrod.

Anónimo dijo...

Desde el dia q descubrí este blog,no puedo dejar de seguirlo,de leerte "a escondidas"..
Ya te lo dije algún dia..eres muy grande.

Galeguiña dijo...

Amigo Arianrod...cando unha comparte o seus versos deixan de ser dunha. Xa non teñen unha única interpretación. Xa non hai unha única verdade. Cada un verá neles unha historia, e todas elas caben. Todas son verdade.

Fermosísima a imaxe que me descrebes, por certo. Outro poema nun comentario.
E anónimo...gustaríame recoñecer quen eres...creo que se me tiveras dito cousa semellante non o esquecería...pero teño unha idea.

Anónimo dijo...

Hola:
Impresionante. Este lugar de internet apartado, escondido...me encanta leer lo que pone cada una de las personas y lo interesante que son las conversaciones que se producen. Felicidades para cada uno y gracias por el lugar.
Por otro lado. En el antiguo blog [Galeguiña] hacías referencia habitualmente al mar, la noche, la playa, el azar [a que te referías con el azar...qué es?] y ya se podía ver esa sensualidad y deseo a veces concretado otras veces fustrado.
Ha cambiado un poco el estilo o la temática volviendose más esplícita, directa...
Mi curiosidad viene por este cambio [en el antiguo blog avisabas que era una ficción lo escrito y por tanto en este lo interpreto igualmente...] ¿Qué ha provocado ese cambio? ¿Dónde está el mar?

Paulo

Alonso81 dijo...

Buenas...una pregunta, como se hace para Hacer la presentacion de fotos en un blog???, para poder elegir las fotos de un pc??

Galeguiña dijo...

O azar é o que non podemos controlar, o que é como é fagamos o que fagamos, queiramos o que queiramos e desexemos o que desexemos. o imprevisible, o inexcrutable tamén é azar.

Non é exactamente un cambio, supoño que cada un e cada unha escrebe en función do estado de ánimo no que se encontre, en función do que lle rodea, en función dunha historia que lle chega aos oídos e decide retratar. Tamén se escrebe por unha imaxe cando vas pola rúa, por algo que che dixeron ou contaron...non sei, en realidade, porqué falo sobre unha cousa ou outra, non ten unha explicación racional. Ou polo menos non só unha. Escrebo o que me sae das tripas..as veces é o mar, un paseo...e outras apetéceme falar da fame do corpo e da sensualidade.

Pero xa volverá o mar, pois xa sabes que penso que a praia é unha meiga que nos atrapa e que por iso presencia moitas historias dignas de contar, ou de ser inventadas.

Bicos.

Anónimo dijo...

...produceme ledicia pensar nos novos apartados que nos regales falando do mar [sobre todo para alguen coma min que ainda manten esa imaxe case máxica do mar que unicamente un rapaz de interior pode ter, ainda que agora o vexa a diario]
por outro lado, o concepto azar pareceme intrigante [xa o sabes]...vexo un certo fluxo determinista e inevitable no que dis sobre el...non che produce reparo pensar que todo esta marcado? que as veces non es dona do que fas ou vives? ou por contra estas comoda navegando nesa corrente que simplemente te leva constantemente ser sabelo destino, pero o mais interesante sen querer sabelo a priori...?

unha aperta
paulo

Antonio Luis dijo...

Gracias por este escondite que nos hace relexionar y nos da animos, y Felicidades por el cumpleaños

Galeguiña dijo...

Non falo do azar como o destino. Neste último non creo. Creo no azar como todas esas cousas que nos pasan máis alá do que esperamos, do que queremos. Como todas esas cousas que nos suceden sin ser buscadas, boas ou malas. Millás di que non existe o destino, pero que existe algo moito máis forte e fermoso, e son as casualidades. Di que a nosa vida vaise entretexendo entre casualidades de maior ou menor magnitude. E gústame esta idea.

De todas formas, é indiferente o sexa para min.

Anónimo dijo...

Gustame a idea do casual, e comparto o teu punto de vista, pero engado algo mais que non sei se compartiras.
A que eu creo diferencia básica entre o destino e o casual [fermosa referencia a que das antes] e co casual ofreceche posibilidades de resultados inesperados, quero dicir que o "ben ou mal" que che reporte esa casualidade depende en boa medida de como a aproveites... cando o predeterminado-destino so ten un camiño.
É curiosidade nada mais...[supoño que atoparte falando de estas cousas non é nada mais que outra casualidade que nos ofrece unha posibilidade...dependera de como a aproveitemos]

Cambiando de tema [e pidovos desculpas polo extenso] Joseph Beuys afirmaba "la verdadera obra de arte reside en la transformación de la conciencia del espectador"...que pretendes transformar ti [Galeguiña] cando subes a un escenario nun teatro, na tv, no cine ou cando escrebes...que hai detras de esas interpretacións ou creacións...

Unha aperta e graciñas polos comentarios
Paulo

Anónimo dijo...

Tu, Galeguiña, e todas/os que ledes este blog e gozades coma min cos sinais, poucos pero firmes, que presaxian o devalo feixista (como dicían os "meus" honorabeis "vellos" -léase Castelao), habedes desfrutar tamén co brillante artigo que hoxe publica X.L.Méndez Ferrín no Faro de Vigo.
Loor e benzón á Sra. Chacón.

Arianrod

Anónimo dijo...

Hola
acabo de lelo artigo [compañeiro de escondite sería unha boa definicón creo] Arianrod [por certo poderías explicar un día brevemente porque escolleches ese nome...paréceme intrigante o rol dunha muller que desbota o seu papel de nai…vexoo propio de ideoloxías tan diversas...podería telo firmado calquer seguidor de Ayn Rand...]
É un bo artigo, pero teño algunha pregunta para ti compañeiro, por fomentar o coñecemento que sen dúbida atopamos nó dialogo.
¿Crees realmente que a día de hoxe, na nosa vivencia persoal, lexos de lembranzas e recordos sentimentais doutras etapas oscuras, teñen sentido estes debates de dereita e esquerda, de roxos e non roxos...de represariados e carceleiros...?
A miña opinión é que a normalidade, a lembranza sen ira e desexo de venganza, soio como elemento de honra, fan cos que loitaron poidan saber que serviu para algo...pero é un anacronismo pretender ca nosa vida xire entorno a 50 anos atras...
Sempre digo que todalas manifestacións de ira e revancha que se dan son por asumir un papel de victimas-inferioridade [que non esquezo e que non comparto] pero que honrar os que traballaron polo que hoxe temos facendo un discurso separatista non é productivo.
Sintome orgulloso de ser galego [e non por iso creo co castelan sexa malo] sintome orgulloso de ser como son [pero non en contraposion a nada...] rexeito comportamentos xenofobos, ultras, separatistas [pero coma un cidadán mais...]
Como remate, creo que estes debates moitas veces son intencionados, e serven para deixar de lado a política de hoxe [política sen ideas diferentes salvo nos logos...] e dominada polo mercado e o capital.
Walter Benjamin dicia fai xa mais medio século no seu artigo "Para una crítica de la violencia" [ http://www.philosophia.cl/biblioteca/Benjamin/violencia.pdf ] que "Porque una causa eficiente se convierte en violencia, en el sentido exacto de la palabra, sólo cuando incide sobre relaciones morales."
Esta xeración a que pertencemos está liberada das ataduras do pasado [pero nonas esquece]
Sexamos capaces de facer cousas de proveito para os cidadáns de hoxe e os do futuro. Soio asi honraremos a memoria dos que fixeron tanto por nos, e farémolo sen ter que apelar os sentimentos ou a moral doutra época.

un afectuoso saudo
paulo